Sevilla | 04 outubro 2023 - 06 outubro 2023

I Convención Turespaña Sevilla

España é, sen dúbida, unha das potencias turísticas máis importantes a nivel mundial, pero os retos provocados pola pandemia implican unha responsabilidade aínda maior á hora de xestionar axeitadamente a política turística española por parte da Administración Xeral do Estado, así como de xogar un papel fundamental na recuperación e na busca de solucións ás cuestións que preocupan ao noso sector turístico.Tanto as competencias que lle corresponden a TURESPAÑA coma a relevancia de España no panorama turístico mundial fan que sexa de gran interese que a administración turística española lidere o debate sobre os principais retos do turismo nacional no contexto pospandémico.Partindo destas premisas, TURESPAÑA e o Concello de Sevilla, a través de CONTURSA, uniron as súas forzas para desenvolver un espazo de encontro, colaboración e planificación entre Turespaña (e a súa rede de consellerías de turismo no exterior) e os destinos turísticos españois, para permitir dar a coñecer e intercambiar boas prácticas no sector público turístico, reforzar os mecanismos de colaboración co fin de planificar políticas turísticas e coñecer tendencias ou iniciativas no sector turístico privado.Neste contexto, celebrouse a I Convención Turespaña, que tivo lugar no FIBES de Sevilla os días 4, 5 e 6 de outubro de 2021 en formato híbrido, para cumprir rigorosamente os protocolos de protección sanitaria.O obxectivo fundamental do Encontro foi crear unha canle e/ou foro de comunicación, tanto de intercambio de información coma de reflexión, arredor dos obxectivos estratéxicos de TURESPAÑA, co fin de aliñar o discurso entre os diferentes destinos turísticos españois.Este I Encontro de destinos turísticos españois artellouse arredor da idea de desenvolver unha estratexia turística na que a dixitalización e a sostibilidade fosen aspectos centrais, realizando diferentes relatorios, mesas redondas e encontros bilaterais entre destinos turísticos e os conselleiros de turismo que Turespaña ten no exterior.