O Ministerio de Industria e Turismo comprometeuse a facer accesible o seu sitio web de acordo co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade de sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público. Esta declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web www.tourspain.es.
SITUACIÓN DE CUMPRIMENTO Este sitio web cumpre parcialmente co Real Decreto 1112/2018 debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación. CONTIDO NON ACCESIBLE Non se pode acceder ao contido recollido a continuación debido ao seguinte: a) Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018 Poderían existir algúns fallos puntuais de edición nalgunha páxina web. b) Carga desproporcionada Non se aplica. c) O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable Pode haber ficheiros ofimáticos en PDF e outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran totalmente todos os requisitos de accesibilidade. Aínda que se intentou que a maioría deles si o cumpran. Contidos de terceiros que non están financiados nin desenvolvidos por nós nin baixo o noso control. PREPARACIÓN DA PRESENTE DECLARACIÓN DE ACCESIBILIDADE A presente declaración foi preparada o 03/06/2021. O método empregado para preparar a declaración foi unha autoavaliación levada a cabo polo propio organismo. Última revisión da declaración: 03/06/2021. OBSERVACIÓNS E DATOS DE CONTACTO Vostede pode presentar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade como:
- Informar sobre calquera incumprimento por parte deste sitio web dos requisitos de accesibilidade establecidos
- Transmitirnos outras dificultades de acceso ao contido
- Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade deste sitio web mediante o seguinte formulario de contacto ou sugerencias@tourspain.es
- Unha queixa relativa ao cumprimento dos requisitos do RD 1112/2018
- Unha solicitude de información accesible relativa a contidos que están excluídos do ámbito de aplicación do RD 1112/2018 segundo o establecido no seu artigo 3, apartado 4, ou exentos do cumprimento dos requisitos de accesibilidade por impoñer unha carga desproporcionada.