Histórico de campañas

Desde 1984, a imaxe da marca turística España está asociada ao famoso Sol de Miró, o logotipo do turismo español que preside desde entón as distintas campañas publicitarias postas en marcha por Turespaña. O devandito emblema foi creado en 1983 por Joan Miró, quen llo cedeu gratuitamente ao Goberno español para a promoción de España no exterior. Hoxe en día segue a ser un referente a nivel mundial, que foi imitado por numerosos países. Desde a adopción do devandito logotipo e ata o lanzamento en 2017 da actual campaña «España es parte de ti», puxéronse en marcha un total de 9 campañas publicitarias que transmitiron en cada momento unha imaxe renovada de España para convertela nun destino turístico líder.

Ata finais da década dos 60 a publicidade dirixíase cara un turismo eminentemente cultural, de alto nivel social, e sen unha estacionalidade nin localización xeográfica concreta. Foron os anos de «España es diferente», un slogan xa mítico na historia da publicidade no noso país. Posteriormente e ata practicamente finais dos anos 70, a publicidade foise centrando sobre todo no sol, as praias e as festas, buscando un turismo máis lúdico e popular.

Spain. Everything under the sun (1984-1990)

En 1984 lanzouse a campaña publicitaria co lema «Todo bajo el sol», posiblemente unha das máis brillantes, perdurables (foi empregada durante nove anos) e eficaces na publicidade española recente. A campaña outorga un gran peso ao produto de sol e praia, e evoluciona co «Todo nuevo bajo el sol», encamiñándose cara a unha promoción máis diversificada e de maior calidade do destino.

Spain. Everything under the sun (1984-1990)

Passion for life (1991-1994)

En 1991, o novo slogan «Passion for life» remite a un turismo cada vez máis activo e vivo, acorde co noso carácter apaixonado que move a quen nos visita a gozar das súas vacacións. España amósase como o destino que responde á procura do visitante de experiencias e emocións diferentes.

Passion for life (1991-1994)

Spain By (1995-1997)

Campaña de imaxe na que algúns dos fotógrafos de máis sona no mercado internacional interpretan a súa visión de España. As imaxes de Herb Ritts, Elliot Erwitt ou Annie Leibovitz amosan un país con estilo, diferente e impactante. Unha evolución desta campaña emprega, co mesmo slogan, imaxes menos persoais pero cunha estética moi coidada tamén, que presentan máis claramente a diversidade da oferta do destino.

Bravo Spain (1998-2001)

En 1998 e baixo o slogan «Bravo Spain», creouse unha nova campaña de comunicación cun lema rotundo e memorable, de fácil e igual pronuncia en todas as linguas. Transmite unha imaxe de España como un país moderno, con calidade e diversidade, e busca fidelizar aos seus visitantes en produtos alternativos ao sol e á praia, captando un turismo con maior capacidade de gasto.

Bravo Spain (1998-2001)

Spain marks (2002-2003)

Campaña publicitaria rompedora, que basea o seu eixo creativo en considerar a España como un destino turístico con personalidade propia, unha forma de entender a vida que non deixa indiferente ao visitante, que queda marcado pola súa pegada. Trátase dunha campaña orixinal, con algún compoñente de ironía e de gran beleza estética, con imaxes en branco e negro que contrastan co slogan sobreimpreso en vermello.

Spain marks (2002-2003)

Smile! You are in Spain (2004-2009)

Campaña que destaca o compoñente emotivo e próximo da visita a España, o carácter divertido e relaxado da experiencia, que destaca nas súas imaxes co trazo dun sorriso. Fai especial fincapé na forma e estilo de vida en España, transmitindo o valor da cultura española e personalizando a diversidade da súa oferta. Desde o punto de vista creativo, foi unha campaña conservadora que recolle momentos desenfadados dos turistas estranxeiros durante a súa visita a España.

Smile! You are in Spain (2004-2009)

Spain. 25 years beyond the sun (2008)

En 2008, Turespaña celebra os 25 anos do logotipo do turismo español, creado por Joan Miró, cunha campaña específica que se desenvolve durante tres meses en paralelo á campaña xenérica. O obxectivo desta acción publicitaria é reforzar a nosa imaxe como destino turístico de primeiro nivel. O argumento da creatividade é unha «viaxe polo tempo» na que os turistas de hai 25 anos gozan da España de hoxe e dos seus principais atractivos: sol e praia, gastronomía, cultura, arquitectura contemporánea e compras.

Spain. 25 years beyond the sun (2008)

I need Spain (2010-2016)

Froito dun estudo sobre o posicionamento da marca turística España realizado en 2009, púxose de manifesto a sólida posición que España seguía mantendo como destino turístico en toda Europa, aínda que sempre estivo excesivamente asociada ao turismo de sol e praia. Ao mesmo tempo, este estudo confirmou a débil posición de España nos mercados emerxentes, especialmente en Asia.

Iso implicaba a adopción dunha nova estratexia baseada nun dobre obxectivo: o reposicionamento da marca España en mercados europeos, para dar a coñecer a diversidade da oferta turística española; e o posicionamento da marca turística España en mercados emerxentes, co de reforzar a súa notoriedade en mercados de gran potencial onde era menos coñecida.

Para este fin, en 2010 púxose en marcha a campaña «I need Spain» (Necesito España), que pretende renovar a imaxe da marca turística España a partir dun dos seus principais activos, como é estilo de vida español.

Para desenvolver a campaña, en formatos gráficos, audiovisuais e en liña, contouse con fotógrafos de renome internacional como Erik Almas ou Ale Burset, cineastas como Julio Medem e coa colaboración de embaixadores da marca procedentes do mundo da gastronomía, como Ferrán Adrià, ou do deporte, como Gisela Pulido e os xogadores das seleccións españolas de fútbol e baloncesto.

A campaña pretende reflectir a diversidade de destinos e produtos turísticos españois a través dunha ampla gama de visuais e spots. Esta campaña tamén foi a primeira en incluír ademais materiais creativos deseñados exclusivamente para o mercado asiático.​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​​

A campaña desenvolveuse ao redor de dúas grandes liñas creativas: unha ligada a unha campaña de diferenciación, e outra ligada a unha campaña de segmentación. A primeira é unha creatividade propia dunha campaña de imaxe na que se pretende mostrar o estilo de vida español como elemento diferenciador do destino turístico español. Na segunda trátase dunha creatividade asociada a unha campaña de produto na que se mostrarán os diferentes elementos que forman parte da carteira de produtos que pretende promocionar Turespaña.

I need Spain (2010-2016)

Spain Addicts 2011

Co fin de reforzar a estratexia publicitaria en medios convencionais, Turespaña lanzou en xuño de 2011 unha campaña de comunicación en medios dixitais cuxo eixo se baseou en que España é o primeiro destino do mundo con maior fidelización por parte dos turistas; dos 53 millóns de turistas estranxeiros que visitan España, un 85 % volve visitalo de novo. Un feito que se pon de manifesto nas redes sociais e que a campaña tivo en conta ofrecéndolle aos usuarios a posibilidade de se converteren en embaixadores da marca España por medio das súas experiencias persoais. Para este fin creouse a plataforma www.ineedspain.com, onde se puideron compartir experiencias en fotos, vídeos e mensaxes.

Spain Addicts 2011

Spain is part of you (2017-2020)

A campaña de publicidade internacional: «España é parte de ti» deseñouse co obxectivo principal de promover o turismo de calidade no noso país dirixíndose a unha audiencia moi específica: o turista cosmopolita. Este obxectivo enténdese como un consumidor que marca tendencia, con alta propensión ao gasto no destino ao que viaxa, e cun elevado índice de afinidade por actividades moi experienciais: arte e cultura, compras, enogastronomía, turismo urbano, lecer nocturno e a realización de rutas e itinerarios con encanto.O slogan da campaña «España é parte de ti» fai referencia a como a viaxe ao noso país impregna ao turista de modo que unha parte da súa visita, ben sexa un lugar, un produto ou unha experiencia, permanece dentro del despois da súa marcha. Esta idea plásmase nos visuais, que presentan un destino ou situación, con fotografías «polaroids» sobreimpresas nas que se percibe aos turistas con partes dese fondo adherido ás súas roupas ou ás súas figuras.A través desta campaña quérese atraer a este turista cosmopolita amosando unha imaxe máis aspiracional e acolledora de España, buscando tres obxectivos básicos:- Ser relevante, apelando directamente a cada mercado de orixe. Neste sentido, trátase da primeira campaña que non só está traducida, senón que se adapta culturalmente a cada mercado emisor, con cambios nas mensaxes, actores e fondos.- Ser crible, amosando unha España real, non tan coñecida polo noso segmento obxectivo, pero amosando unha imaxe cativadora e aspiracional de España, afastada das típicas imaxes convencionais. A campaña mostra multitude de localizacións do noso país que permiten ampliar e matizar a imaxe do noso país aos potenciais viaxeiros internacionais.- Ofrecer diversidade, dentro dunha experiencia única e de calidade, satisfacendo as diversas motivacións dos turistas que nos visitan. Para iso as pezas de campaña adaptan as mensaxes aos intereses dos nosos turistas potenciais incluíndo un enorme abano de produtos e experiencias turísticas.

Campaña de publicidade internacional 2020: Back to Spain

Back to Spain (2020)

En 2020, o mundo sufriu unha crise sanitaria, económica e social cun impacto sen precedentes no sector turístico. España, destino líder mundial en turismo vacacional, sufriu os efectos da pandemia aínda con maior virulencia. Co fin de mitigar eses demoledores efectos, Turespaña lanza no verán de 2020 unha campaña de publicidade adaptada a ese momento tan crítico e diferente de todo o vivido nas últimas décadas.Partindo do reparo xeneralizado do turista a viaxar fóra das súas fronteiras, e das enormes dificultades que supoñen nese momento as viaxes de longo percorrido, a campaña diríxese ao turista europeo, un viaxeiro próximo que nun 50 % nos visitou en múltiples ocasións, e é por tanto coñecedor do noso destino, e propenso a revisitarnos.«Back to Spain» diríxese a este turista que sente España como a súa segunda casa, aquel que ten un vínculo emocional cos destinos españois, onde viviu experiencias únicas e inesquecibles, o lugar do que garda os mellores recordos. Para este viaxeiro, España é sinónimo de vacacións, chegou o mellor momento do ano e é hora de volver a España.A campaña aposta por unha creatividade moi emocional. Cada peza traslada as emocións que o turista estraña e volve revivir no noso país, emocións aínda máis lembradas se cabe tras os duros meses vividos pola pandemia. España ofrécelles relax, tranquilidade, diversión, desconexión, o gozo do «seu tempo e dos seus».A campaña compúxose de 10 pezas gráficas que reflicten a diversidade e riqueza da nosa oferta turística, atributos e destinos, dirixidos a distintos obxectivos, con perfís sociodemográficos e motivacionais diversos.A campaña difundiuse fundamentalmente en medios dixitais para acadar unha maior precisión no alcance da mensaxe, adaptándoa tanto ao país emisor coma ao destinatario, presentando as creatividades máis relacionadas. A estratexia dixital complementábase con insercións en medios impresos e redes sociais para comunicar ao turista internacional que: «estamos a agardar por eles, que chegou o momento de volver».

Campaña de publicidade internacional 2020: Back to Spain

Back to the Canary Islands

No outono de 2020 e tras a apertura de corredores turísticos seguros entre as illas Canarias e diferentes mercados emisores europeos, retomouse o concepto de campaña para centrarse no destino Canarias.

Dirixida a mercados maduros europeos, as súas pezas gráficas reflicten a amplitude da oferta turística de Canarias, dirixíndose aos seguintes obxectivos: sol e praia relax, sol e praia deporte, estilo de vida e natureza.

Back to the Canary Islands

You Deserve Spain (2021-2024)

A campaña «Mereces España» respondía á excepcional situación causada pola pandemia e foi deseñada para reforzar o posicionamento de España como o principal destino vacacional dos mercados emisores máis importantes. O seu obxectivo era claro: lograr unha recuperación rápida e intensa da actividade turística internacional desde o verán de 2021.Na súa primeira fase, o seu principal reto foi atraer o turista internacional superando tres resistencias: decidir viaxar, facelo fóra do país e, finalmente, lograr que elixise o noso país como destino das súas vacacións. «Mereces España» era sinónimo de confianza, seguridade e calidade, tres atributos que animaban a viaxar ao noso país. A campaña poñía a énfase no beneficio que xera a visita ao noso país no turista: porque vir a España son unhas vacacións de verdade, para gozar e relaxarse sen preocupacións.A creatividade desta campaña, eminentemente de vídeo, diríxese a catro obxectivos diferentes (mozos, adultos, familias e persoas maiores) e xira ao redor de situacións vividas durante o confinamento, que se transforman en momentos extraordinarios gozando dunhas vacacións únicas en diferentes contornas: de sol e praia, no Camiño de Santiago, urbano ou de interior, e na natureza.En maio de 2022 pásase á segunda fase a través dunha nova campaña «You Deserve Spain» que evoluciona co obxectivo específico de avanzar na recuperación económica e manter o liderado de España como destino turístico vacacional. O concepto «mereces España» tráenos un enfoque renovado e adaptado á nova situación. Para iso, a súa creatividade apela ás emocións positivas e céntrase en momentos únicos nos que gozar dunhas vacacións inesquecibles no noso país.Os protagonistas das novas pezas creativas desta campaña son mozos, adultos, familias e persoas maiores que agora gozan plenamente de diferentes puntos da nosa xeografía: gran destino urbano, paisaxe natural e camiño de Santiago, praia mediterránea e cidade de interior.