Márketing en liña

O obxectivo clave da estratexia de márketing dixital de TURESPAÑA é o reposicionamento de España como un destino turístico atractivo para os distintos mercados e audiencias prioritarios. A marca turística España está moi ligada á proposta de valor de «sol e praia» e isto é algo que queremos cambiar a través das diferentes ferramentas de márketing en liña.

Para conseguilo, en TURESPAÑA deseñamos unha estratexia de márketing dixital cuxos piares son:- Full funnel strategy, se ben o «upper funnel» ten un peso específico- Selección de ferramentas en función da fase da «customer journey»- Content is King. Márketing de contidos- Big data, tanto na planificación coma na medición de resultados- Selección de ferramentas diferenciadas para B2B e B2C.Aínda que os maiores esforzos se realizan no upper funnel (atención e interese), non nos limitamos a estas fases e estase a traballar nunha full funnel strategy, influíndo tamén nas fases de planificación, compra, fidelización e prescrición.Unha das claves da nosa estratexia é precisamente empregar as ferramentas específicas que resulten máis apropiadas en cada unha destas fases, por exemplo, a publicidade na fase de awareness e redes sociais na fase de prescrición ou marketing por correo electrónico na fase de fidelización e prescrición.Por outra banda, destacamos como elemento transversal a importancia do márketing de contidos. A nosa estratexia dixital implica unha coidadosa selección de contidos, tanto propios coma de terceiros, e isto é aplicable a todas as ferramentas.Por último, tamén partimos da importancia do big data, tanto para a planificación das accións coma para a medición dos resultados.No que se refire á PLANIFICACIÓN, a nosa estratexia pasa pola hipersegmentación, para o que o big data, empregado axeitadamente, nos permite saber onde están as nosas audiencias prioritarias e impactalas cos contidos apropiados, no momento axeitado e co formato oportuno.No ámbito da medición de resultados, ademais de utilizar as tradicionais métricas de márketing dixital (para o que creamos un sofisticado conglomerado de KPI, tanto globais coma por mercados), medimos o ROI das nosas accións en liña, tanto en medios propios coma de pagamento, en termos de buscas e reservas de hoteis e avións, así como o gasto hoteleiro estimado.Por último, pódese destacar o uso de diferentes ferramentas en liña, diferenciando o márketing B2B do B2C.Polo que respecta ao márketing B2B, habería que destacar diferentes ferramentas: a formación en liña, o márketing relacional, as redes sociais B2B etc.Pero a estratexia de mercadotecnia dixital de TURESPAÑA ten como claro protagonista o cliente final, e neste sentido a maioría das ferramentas que empregamos son de márketing B2C. Sen ánimo de ser exhaustivos, pódense citar as seguintes: publicidade en liña, márketing social, márketing relacional (cara ao márketing P2P), márketing de contidos ou márketing web.