.
  1. Está en:
  2. Turespaña
  3. Marketing

Marketing

Contenido de la página

  • Plan Estratéxico de Marketing
    Plan Estratéxico de Marketing

    O Plan Estratéxico de Marketing de Turespaña constitúese como a ferramenta do Instituto de Turismo de España para afrontar os novos desafíos que xorden na promoción do destino España dentro do marco xeral do Plan Nacional Integral de Turismo. Este Plan persegue aumentar os ingresos turísticos do destino España, asegurar o crecemento sostido dos mesmos a través dunha estratexia de diversificación e contribuír a aumentar o poder da marca turística España.

  • Marca Turística España
    Marca Turística España

    A Marca turística España é o reflexo da percepción que teñen sobre o noso país todos os axentes integrantes do seu entorno: turistas reais e potenciais, sector privado, medios de comunicación, etc, polo que o seu bo posicionamento é determinante para realizar a promoción do destino con éxito. Por iso este é un dos obxectivos máis importantes do Instituto de Turismo de España: acadar un óptimo posicionamento da marca turística España, colaborando así co resto de organismos públicos encargados de velar polo resto de dimensións da marca (ICEX, Instituto Cervantes, Acción Cultural Exterior).

  • Campañas de Publicidade e Marketing deportivo
    Campañas de Publicidade e Marketing deportivo

    O Instituto de Turismo de España, de acordo cos obxectivos fixados para o sector turístico en cada momento, ten desenvolto campañas de promoción no exterior que foron configurando a imaxe do produto turístico español. Desde 1985 as campañas de promoción teñen como elemento común o logotipo deseñado por Miró, cun amplo recoñecemento nos mercados emisores.

  • Márketing on line
    Márketing on line

    O plan de comunicación on-line de Turespaña apóiase en dous grandes piares: a campaña en Internet “I need Spain” en diferentes soportes dixitais, e orientada  a cada país e público obxectivo, e o conxunto de accións de marketing para redes sociais, aplicacións móbiles para iPad e iPhone, e a canle temática YouTube.

  • Feiras e xornadas
    Feiras e xornadas

    Turespaña desenvolve anualmente un programa de participación en feiras turísticas internacionais, e leva a cabo accións de apoio á comercialización en mercados emerxentes coa organización de xornadas directas e inversas.

  • Acordos de Colaboración
    Acordos de Colaboración

    O Instituto de Turismo de España leva a cabo accións de marketing turístico para mellorar o posicionamento e apoiar a comercialización dos destinos turísticos españois nos mercados internacionais. Por iso asina convenios de colaboración con todas as Comunidades Autónomas, así como con diversas Institucións, Asociacións e empresas coas que comparte obxectivos de promoción fóra do noso país.

  • Produtos

    No ámbito do Plan Estratéxico de Márketing, o Instituto de Turismo de España apostou pola creación de cinco categorías de produtos aliñados coas distintas necesidades que poidan ter os viaxeiros que visitan o noso país. Son conceptos resultantes da aplicación de criterios de atractividade e de competitividade, que foron contrastados tanto co sector coma co consumidor final: relaxarse, descubrir, gozar, aprender e reunirse.





  • Ministerio de energía, turismo y agenda digital.
  • Spain Info
  • UNION EUROPEA PROYECTO COFINANCIADO POR EL FONDO EUROPEA DE DESARROLLO REGIONAL(FEDER)
INSTITUTO DE TURISMO DE ESPAÑA - TURESPAÑA
C/ Poeta Joan Maragall, 41, C.P. 28020 Madrid, España. , ,
- Tel. 91 343 35 00