.
  1. Está en:
  2. Turespaña
  3. Visión Destino España

Inicio

Contenido de la página
​ 


  • Plan Nacional e Integral do Turismo 2012-2015

    España é líder en turismo. Así o acreditan as cifras de turistas internacionais, de ingresos por turismo e a contribución da actividade turística á economía do noso país. Porén, nos últimos anos esta industria ten sufrido unha importante perda de competitividade. Apúntase ao final dun ciclo que deu comezo hai algo máis de 50 anos e no que se están a incubar os novos líderes turísticos mundiais fundamentados na innovación.
    Por este motivo, consciente da transcendencia do turismo para o noso país, o Goberno da Nación quere impulsar, a través da Secretaría de Estado de Turismo, o Plan Nacional e Integral de Turismo (PNIT) para impulsar a competitividade das empresas e dos nosos destinos, renovar o liderado mundial do noso país para as próximas décadas e contribuír á xeración de riqueza, emprego e benestar dos cidadáns.

  • Histórico da política turística en España

    O compromiso do Goberno de España coa industria turística remóntase aos inicios da organización administrativa do turismo en España hai xa máis dun século. Desde entón sucedéronse diversos organismos destinados á xestión pública do turismo cuxas funcións, competencias e obxectivos evolucionaron en paralelo ao contexto histórico e económico.
    Ao longo de todo este tempo, a política turística en España plasmouse en diversos plans nacionais para facer fronte aos retos e necesidades do sector turístico español nun escenario de continua transformación.





  • Ministerio de energía, turismo y agenda digital.
  • Spain Info
  • UNION EUROPEA PROYECTO COFINANCIADO POR EL FONDO EUROPEA DE DESARROLLO REGIONAL(FEDER)
INSTITUTO DE TURISMO DE ESPAÑA - TURESPAÑA
C/ Poeta Joan Maragall, 41, C.P. 28020 Madrid, España. , ,
- Tel. 91 343 35 00